Inicio Noticias Eventos Contacto Info Legal Buscador

INST. ESTUDIOS VIGUESES

 

Os Membros do INSTITUTO DE ESTUDIOS VIGUESES -organismo encadrado na Confederación Española de Centros de Estudios Locais e pertencente ó Consejo Superior de Investigaciones Científicas- non teñen outra función que estar a disposición da cidade de Vigo no eido das competencias marcadas polas diversas Seccións nas que cadaquén está inserto, coa vontade firme de ir sempre ó fondo das cuestións que atinxen á recuperación da memoria histórica e cultural da cidade e da súa contorna. As distintas materias obxecto de estudio están estructuradas, sempre a expensas de ampliación, nas seguintes Seccións:

 

 

  • Xeografía e Historia.
  • Arqueoloxía e Etnoloxía.
  • Toponimia, Filoloxía e Literatura.
  • Arte. Arquitectura e Urbanismo.
  • Economía. Filatelia.
  • Numismática e Diplomática.
  • Ciencias Xurídicas e Sociais.
  • Ciencias Físico -Naturais.
  • Turismo e Deporte.

 

 


       Dende o seu alborecer, os Membros da Institución souberon afrontar este reto traballoso de poñer á disposición da cidadanía un completo abano de estudios rigorosos, varios e diversos, conxunto que pasa por se-la máis ampla e seria fonte sobre temática viguesa nunca editada, engrosada polas páxinas novidosas, suxerentes e de investigacións actuais do Boletín de publicación anual GLAUCOPIS.

     

      A máis deste corpus editorial polivalente, O INSTITUTO DE ESTUDIOS VIGUESES desenvolveu toda unha morea de actividades culturais ó longo destes anos de presencia activa nos foros da cidade: conferencias, debates, mesas redondas, charlas didácticas, exposicións pola propia conta ou en colaboración con outras entidades. O Instituto fornécese así mesmo das valiosas colaboracións, consultas e doazóns de vigueses e viguesas de cuia amizade sentímonos gabados.



"os fins do Instituto serán fomentar, orientar e coordinar o labor investigador nas diferentes ramas das ciencias, as técnicas, as artes, etc. e en todas as súas manifestacións que se refiran a Vigo e comarca"

 

 

(Artigo 2º do Regulamento do Instituto de Estudos Vigueses)

 

 
Máis información

© Fundación Provigo | Oporto, 1 - 3ª planta 36201 Vigo (Pontevedra, España) Teléfono: 986 22 18 01 Correo electrónico: informacion@fundacionprovigo.org
CREATIVIDAD :: AACCENTIA MULTIMEDIA SL :: REALIZACIÓN