| Inicio | Noticias | Eventos | Contacto | Info Legal |
|
Plan EstratéxicoPLAN ESTRATÉXICO 2010![]()
O 14 de marzo de 2003 aprobouse o Plan Estratéxico de Vigo e a súa Área Funcional (Plan Vigo 2010) nun acto público realizado no Museo Municipal Quiñones de León. A este acto asistiron os responsables de todas as institucións que forman o Consello Xeral do Plan, así como os directores do Plan Estratéxico. Concluíanse así case dous anos de traballos que se iniciaron coa firma do Convenio de Colaboración entre a Fundación Provigo e a súa Área, a Universidade de Vigo e a Fundación Xeral da Universidade Autónoma de Madrid, que tivo lugar no Concello de Vigo o 9 de abril de 2001. |